top of page

COOPERATIVA

A cooperativa Jesús  Nazareno naceu hai máis de 50 anos en O Barco de Valdeorras. O seu presidente é Manuel Fernández Pérez e a día de hoxe está formada por máis de 300 socios. Produce oito marcas distintas de viño que exporta a distintos puntos de España, Europa e Estados Unidos.

PRODUCIÓN

Os socios son os que aportan a materia prima. No mes de setembro realízase a vendima, é dicir, a recolección da uva. Cando esa uva cumple cuns parámetros de acidez e grados óptimos, faise un programa ou calendario de recoleción. Os 330 socios que hai neste momento levan as uvas recolectadas durante distintos días segundo as variedades. En Valdeorras existen dentro dos viños brancos o godello e o palomino, e dentro dos tintos, mencía e garnacha. Búscase a calidade en canto ao estado sanitario da uva e un grado determinado. O grado depende da cantidade de azucre da uva. Durante os días de recoleción, 15 aproximadamente, cada socio encárgase de transportar esa uva ata as tolbas de recepción. Unha vez transportada a uva, pésanse os kilos que leva cada socio e unha vez que está nas tolbas realízase o despalillado e o estrullado. Francisco Cao, enólogo da cooperativa, explica o proceso dende que a uva entra nas instalacións:

INSTALACIÓNS

A cooperativa constrúe unha nova instalación no ano 1999, que é a que se utiliza na actualidade. A anterior instalación estaba construida para a entrada de cinco millóns de kilos, mentres que a actual ten unha capacidade de 2 millóns. Sen embargo, o seu enólogo Francisco Cao asegura que nunca se chegou ao seu tope. De feito, cada ano entran na cooperativa de 1,100 a 1,400 millóns de kilos aproximadamente. 

As instalacións contan con depósitos para a fermentación e conservación do viño. Estes contan con rugosidades, camisas de refrixeración, nas que a auga circula externamente nun circuíto pechado, para refrixerar o viño e mantelo a unha temperatura adecuada. O frío na fermentación é moi importante, xa que afecta en gran medida ás propiedades do viño. Producen aromas máis limpos e máis intensos, especialmente nos brancos

O viño entra sucio na cooperativa, polo que existen coloides ou impurezas en suspensión, que enturbian o viño. Para limpalo, introdúcese sucio no filtro e as microfibras, que son dun plástico que funciona coma un tamiz, fan que salga limpio e brillante. O aspecto máis negativo de este proceso é que o viño sucio ten proteínas, boas para o organismo, e o filtro elimínaas xunto con parte dos aromas. O máis groso do viño límpase por gravidade ou flotación. A capacidade de filtrado depende da suciedade do viño. O filtro utilizado na cooperativa limpa entre 7 e 8 mil litros á hora, Sen embargo, o rendemento pode baixar ata un 50% se o viño está moi sucio. Funciona cun filtro tanxencial, última tecnoloxía neste tipo de máquinas, Ademáis de todas estas vantaxes, o filtro non dana especialmente o viño xa que non usa temperaturas nin presións altas, respeta moito o produto,

No proceso de produción existe unha filtración final, pasando o viño por un filtro tanxencial, antes de chegar á cheadora. Nesta máquina, vaise enchendo a botella e pónselle o tapón de corcho. A máquina que posúen nesta cooperativa é de 4.ooo botellas á hora. Anualmente embotéllanse aproximadamente 1.700.000 botellas. Unha vez taponado, pasa a unha máquina que pon unha cápsula. O proceso resúmese en que unha vez que está o viño filtrado, lévase a cabo o proceso de chear as botellas e o taponado. Dentro do proceso de cheado, o aire vai saíndo e entra o líquido ata o nivel de cheado e a cortiza fai o peche da botella.

O etiquetado recolle as características do viño, mentres que a precinta do Consello Regulador recoñece que  pasou os controis, é unha precinta de seguridade. É necesario levar unha trazabilidade: cando se enchen as barricas, de que depósito ven... Hai que rexistrar todos os procesos dende que entra a uva ata que sae a botella. Ao Consello Regulador interésalle todo movemento que se fai de calquera produto que entre en contacto co viño, como clarificante,  botellas, cortizas... Despois vai a unha maquina que é unha encaixadora, unha formadora de caixas, a cal vainas formando e alineando.

O último paso no proceso non está automatizado, dous traballadores de cooperativa van collendo as caixas e metendoas nun palé para almacenalas. As caixas son de botellas normalmente, pero tamén existen as de 12. Almacenanse por tipos de viño, lotes, datas de embotellado e tipo de produto. Cada tipo de viño ten unha precinta diferente, depende da variedade. Finalmente, a partir de deste punto, aténdese a pedidos e á saída ao mercado. 

  • YouTube - Círculo Negro
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

© 2018 by V de Valdeorras

bottom of page