top of page

Glosario

TRADICIÓN

​

Bagazo/hollejo: Subproduto resultante da extracción do mosto na obtención do viño. É un produto complexo formado polos talos, pel, pulpa, sementes e racimo que quedan despois do prensado da uva. Ten un alto contido enerxético e proteico.

 

Covas: Construcións subterráneas con temperatura e humidade constante, típicas na comarca de Valdeorras, que se empregan para conservar o viño.

 

Enoloxía: Ciencia, técnica e arte da producción do viño. Un enólogo é un profesional capacitado para realizar o conxunto de actividades relativas aos métodos e técnicas de cultivo de viñedo e a elaboración de viños, así como de almacenaxe, xestión e conservación.

 

Enxerto: Unión de dúas plantas mediante unha operación física que consiste na inserción dun anaco dunha na outra.

 

Lagares: Recipientes onde, tradicionalmente, pisábase a uva para separar o mosto do bagazo

 

Mildiu velloso: Enfermidade causada por unha bacteria, que supón a principal ameaza para a vide. O principal síntoma é o nacemento de vellosidades nas follas inferiores da planta.


Mosto: Zumo dulce da uva que contén distintos elementos da mesma.

 

Raspón: Esqueleto, parte troncosa do racimo de uvas que serve de soporte e estrutura das mesmas.

 

Refollar: Limpar, retirar as follas sobrantes da vide.

 

Vendima: Recoleción e colleita das uvas que servirán para a posterior elaboración do viño.

 

Vinicultura: Arte e ciencia da crianza e elaboración do viño.

 

Viticultura: Arte e ciencia do cultivo da vide para o uso das uvas na produción do viño.

ELABORACIÓN

​

Ácido tartárico: Ácido específico da uva e do viño que se emprega como corrector dos niveis de acidez. A súa composición química contén dous grupos de alcohol e dous grupos de ácido carboxílico.

 

Clarificante: Sustancia que, en contacto co viño, acelera a caída das partículas sedimentadas tras a fermentación.

 

Despalillar: Operación mecánica e relativamente rápida que consiste en separar os grans de uva do esqueleto do racimo.


Fermentación: Conservación do mosto en depósitos a temperaturas determinadas; proceso químico que transforma o mosto en viño.

 

Maceración: Proceso de entre 1 e 4 semanas de duración en que o mosto e as partes sólidas colócanse en contacto nun mesmo depósito para extraer color e aromas.


Prensa: Máquina que rompe as bagas de uva, facendo o menor daño posible ao hollejo para extraer o mosto.

 

Tanino: Substancia química natural (vexetal) que se atopa no viño e que procede das partes máis sólidas ou da madeira das barricas, sendo máis abundantes nos viños tintos que nos brancos.

 

Tolba de recepción: Recipiente metálico con paredes en rampa no que se depositan as uvas recén vendimadas.

 

Trazabilidade: Conxunto de medidas, accións e procedementos que serven para levar o control e rexistro do proceso evolutivo do viño en cada unha das súas etapas de elaboración.

 

Sulfitos: Dióxido de azufre (SO2), subproducto natural da levadura tras o proceso de fermentación. Ademais da presenza natural, son conservantes moi empregados no proceso de elaboración do viño polas súas propiedades antioxidantes e antibacterianas.

​

ENTIDADES

​

Consello Regulador D.O. Valdeorras: Organismo encargado de regular e normalizar a actuación dos axentes adscritos á Denominación de Orixe Valdeorras, así como responsable do cumprimento efectivo das mesmas. Dende o punto de vista xurídico, é unha corporación de dereito público representativa de intereses económicos e sociais que actúa con carácter de órgano administrativo. O seu obxectivo é a defensa da D.O. e dos seus intereses.


Entidade Nacional de Acreditación (ENAC): Asociación sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, designada polo Goberno para operar en España como o único Organismo Nacional de Acreditación, en aplicación do Regulamento (CE) nº 765/2008.

 

Organización Internacional da Viña e do Viño (OIV): Organización intergubernamental de carácter científico e técnico, cunha competencia recoñecida no campo da viña, o viño e todo tipo de produtos derivados da vide. Fundada no ano 2001, ten a súa sede en París e máis de 45 estados membro.

​

  • YouTube - Círculo Negro
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

© 2018 by V de Valdeorras

bottom of page