top of page

FUTURO DO SECTOR

O futuro dun sector tan importante como o da viticultura en Valdeorras é incerto. Como indica o enólogo da Cooperativa Jesús Nazareno, Francisco Cao, este ano recolectáronse uns  950.000 litros de viño, o que non supón nin a metade da capacidade total que podería albergar. Isto prodúcese en certa medida por factores climáticos, pero non é o único motivo. Este ano o principal problema nas colleitas foron os fungos, mentres que o ano pasado foi a xeada. Isto provocou que no 2017 se recolleran un total de 4.180.488 kilos de uva en Valdeorras fronte aos 4.656.213 kilos do 2016. Isto significa unha redución do 12%. Así mesmo, Cao asegura que existe un gran problema de abandono. Trátase de viticultores que por lei de vida non poden traballar e non teñen relevo xeracional, o que provoca que a cultura vinícola se vaia perdendo ano a ano.

​

Coma moitos sectores gastronómicos, a  vinicultura enfróntase a unha serie de retos e problemas a superar. Dende os seus inicios, os avances foron principalmente tecnolóxicos. Moitas das tarefas mecanizáronse e algunhas destas innovacións si son accesibles para os viticultores, pero a especialización require máquinas que supoñen un difícil investimento para os seus usuarios. Valdeorras é unha zona caracterizada polo seu respecto á tradición. A pesar de todo, avanzouse moito en materia de recolección e produción.

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

 

Cao asegura que sí existen casos de xente que empeza a plantar, ou que volve a facelo, pero non se compensa cos números dos que o abandonan. As adegas privadas xogan con ventaxa porque son quenes de controlar o proceso. Isto quere dicir que se necesitan uva pódena plantar, non dependen das producións e colleitas dos socios. Según Francisco Cao, se os socios da Cooperativa Jesús Nazareno non houberan sido quen de levar a cabo as novas instalacións, xa non seguirían funcionando, xa que estaban desfasadas.

​

A falta de substitución nos labores vinícolas e o minifundismo son os principais problemas a combater na comarca. Problemas que, por agora, contan cunha  díficil solución, e que xa se están facendo notar na produción.

​

Para ver unha síntese da nosa reportaxe en forma de infografía preme aquí

IMG_5110.JPG
  • YouTube - Círculo Negro
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

© 2018 by V de Valdeorras

bottom of page